O piragüismo español brilla no Mundial ‘Dragon boat’ en Filipinas

Imaxe: Cedida

España logra dous podios e unha clasificación para participar nos World Games de China en 2025

A Selección Española de Piragüismo desprazouse ata Filipinas para participar no Mundial de ‘Dragon Boat’ que tivo lugar entre o 31 de outubro ao 3 de novembro. No conxunto nacional atopábanse varios deportistas do Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro, Club Piragüismo Verducido-Pontillón e Náutico O Muíño de Ribadumia. Así, España conseguiu regresar con dúas medallas, nas cateogorías masculina e mixta, e cunha clasificación para os World Games de China en 2025.

O combinado masculino brillou en Filipinas e, finalmente, fíxose co metal dourado na categoría SB10 Open Sénior 2000 m. Mentres, a tripulación mixta conseguiu a presea de prata na categoría DB20 2.000 m. A selección feminina, pola súa parte, tamén deixa pegada nesta competición, pois consegue unha cuarta e quinta posición (DB10 2.000 m e 500 m, respectivamente), que as deixa cun bo sabor de boca. Estes resultados colocan a España entre os primeiros quince mellores padexeiros do mundo no ranking final; con todo, foi Filipinas a que encabezou o medalleiro mundialista con once de metais dourados, vinte de prata e dezaseis de bronce.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *