A promesa da halterofilia chámase Uxía Romero

A ourensá regresa a Galicia con dúas medallas europeas na categoría júnior

Uxia Romero, do C.H. Ourense, non ten teito. A deportista viaxou ata Polonia, xunto coa Real Federación Española de Halterofilia, para disputar o Campionato de Europa Júnior. Comezou competindo en arranque (64 kg), pero nesta primeira fase, a ourensá non puido ver o podio, aínda que deixou moi boas sensacións coa cuarta posición. Xa en dous tempos, Uxía arriscou ata os 109 kg, o que a levou a conseguir o metal de bronce. E mellor sorte correu no total olímpico, pois Uxía levantou os 194 kg e logrou facerse coa presea de prata.

Xunto con Uxía, tamén participou na competición continental a galega Irene Blanco, quen se coroou como campioa de Europa sub-23.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *