Número Phi regresa a Galicia con dúas medallas do Campionato de España de Clubs

Imaxe: Número Phi

A taekwondista Ekaterina Rebón impón o seu terceiro posto nacional nas categorías sub-21 e sénior

Ekaterina Rebón, membro do Número Phi, logra facerse co bronce sub-21 e sénior durante o Campionato de España de Clubs. A taekwondista clasificábase en semifinais contra A. Arrondo (sub-21) e A. Ortiz (sénior), mais en ambos casos perdeu o combate de acceso á final coas que posteriormente serían as campioas de cadansúa categoría.

A súa adestradora Lúa Piñeiro, histórica taekwondista do noso país e actual dirixente do Número Phi, acompañou a todo o equipo ata Alacante, co que volta cun «sen fin de experiencias» e dúas preseas. Representando ao club estiveron Carmen García, Sabina Vázquez, Marina Castro, Marea Padín, Myriam Chayán e Paula Barral, na categoría cadete; e Ángela Rodríguez, Mara Crespo, Noa García e Paula Gómez, en júnior.

Ekaterina xa ten pegada en Europa

Aínda pertencendo á categoría júnior, a galega xa forma parte do elenco de taekwondistas español, quen contou con ela para asistir ao Campionato de Europa Sub-21, celebrado o pasado mes de novembro en Sarajevo, Bosnia. Sendo unha das representantes máis novas do conxunto vermello, Ekaterina tamén demostrou alto nivel no europeo contra a rival Alisa Potemkina, malia non poder facerse coa vitoria. Ademais, o martes pasado competía na categoría absoluta puntuable para clasificarse no campionato do mundo de 2025.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *