Imaxe: Real Federción Española de Salvamento y Socorrismo
Antía tamén engade en Elche un novo récord ao seu palmarés
Novos logros que se suman á innumerable lista das socorristas Antía García, do Club Acuático Umia e Alba Gómez, do Club Salvamento Arteixo. Desta vez, tivo lugar no Campionato nacional de inverno, que se celebrou esta fin de semana en Elche. Antía volveu a coroarse como campioa de España na proba 50 metros rescate manequín nun brillante tempo de 34,92″. Con todo, a caldense tamén conseguiu ser a primeira española en baixar deses complicados 34 segundos durante a serie eliminatoria (rexistro de récord en 33,96”).
Alba Gómez, en cambio, impúxose á súa rival na proba dos 100 metros combinada. Mentres que na serie eliminatoria entraba apenas dous segundos por debaixo de Nuria Payola, do Club Salvamento e Natación Silla, na serie final foi quen de tomar a vantaxe e gañar o ouro nacional nun tempo de 01:10:33. Peor sorte correu na proba homóloga á de Antía García, pois malia entrar de segunda na proba eliminatoria, finalmente colgouse a presea de bronce na final, por detrás de Yael Mantecon (C.D. SOS La Bañeza).

Imaxe: Real Federción Española de Salvamento y Socorrismo
A maiores, o equipo de relevo absoluto feminino ao que pertence Antía, xunto con Yael Mantecón, Núria Payola e María Rodríguez conseguiu unha nova mellor marca na toma de tempos dos 4×50 metros (resultado: 01:59:92). En total, nesta terceira edición do Campionato de España de inverno celebrado en Elche, socorristas do territorio nacional lograron bater nove récords.

Imaxe: Real Federción Española de Salvamento y Socorrismo











Deja una respuesta