Imaxe: cedida
Un novo logro que se suma ao recente top-8 individual que acadou en Túnez
María Mariño desprazouse ata Azuqueca de Henares, municipio de Castela á Mancha, para competir no segundo torneo de ránking nacional de florete feminino. Un total de 38 tiradoras combateron para facerse co trofeo, mais foi a floretista viguesa a que novamente se levou o título.
Nas primeiras fases clasificatorias de poules, María atopouse sobre a pedana con Catarina Pires, a quen se impuxo por 15/7; e tamén con Martina Ros, a quen puido superar por 15/6 golpes. Nos seguintes encontros, Mariño atopouse incluso máis cómoda que no comezo da competición, pois outorgou pouca marxe de tocados para pelexar polo podio. Así, tocou baterse coas súas tres compañeiras de equipo nacional, comezando por Andrea Breteau. Seguiulle Ariadna Castro en semifinais, a quen logrou superar por 15/4. O último cara a cara na pedana sería con Mª Teresa Díaz, a quen tamén se impuxo comodamente por 15/4.
Este novo triunfo nacional súmase ao recente logro acadado en Túnez, onde María Mariño xa forma parte do primeiro Top 8 da historia do florete feminino na Copa do Mundo.











Deja una respuesta