Imaxe: RR.SS Judo Club Shiai
O Campionato Galego Absoluto 2024 foi un éxito coa participación de máis de 125 judokas de toda Galicia
Galicia ten futuro no judo. Así o demostraron máis dun centenar de deportistas de toda a comunidade que asistiron á competición autonómica. Varios clubes foron protagonistas en Fene, como foi o caso de Famu de Frutos, procedente de Vigo, que liderou a xornada subindo ata en trece ocasións ao podio. Ana Vizoso (-78), Daniel Parrilla (-73) e Carlos Antón Zurdo (-66) foron os encargados de subir ao máis alto do podio na súa representación.
Seguido do Famu de Frutos, fixo acto de presenza o Club Shiai cun total de sete medallas, das cales Guillermo Cadenas (-100), Alexis Rosa (-81) e Fabiola Fernández (+78) levaron o ouro. O Club Arteixo regresou con tres preseas, onde os ouros foron para Jorge Álvarez (+100) e Anderson Cotón (-60).
Outros ouros foron para: Judo Baixo Miño, grazas a Brais Pereira (-90); Club Bitacora Ferrol, con Daniela Sevillano (-70); Judo Club Oleiros, a cargo de Marta Plaza (-63); Club Hércules, grazas a Estrella López (-57); Judo Club Finisterre, con Marta Gaitero (-52) e Judo Club Coruña, con Inés Fernández (-48).
O Campionato estivo patrocinado polo Club Fene e a Secretaría para O Deporte da Xunta de Galicia, e organizado pola Federación Galega de Judo.











Deja una respuesta