PROGRAMA 2
Sabías que Ainhoa Lameiro é a primeira muller galega en practicar o slalom a nivel profesional? Neste episodio explícanos en que consiste o seu deporte e a diferencia que hai con outras disciplinas do piragüismo.
Coñecemos a historia de Lameiro, a situación actual do slalom en España e a falta de infraestructuras en Galicia para que os e as piragüistas poidan adestrar. Así mesmo, tamén abordamos o panorama olímpico e Ainhoa explícanos os seus obxectivos neste eido.


Deja una respuesta