A victoria permítelles loitar por un posto na final da Liga Ouro xunto coas cinco primeiras clasificadas
O equipo de categoría xuvenil feminina, La Estacion Rasoeiro BM, proclamouse campión da Liga Prata. A final desputouse no Grove, na provincia pontevedresa, e rematou cun resultado 27-19 contra Instalaciones Parcero Cangas.
Grazas a esta victoria, o conxunto poderá enfrontarse ás quintas clasificadas da Liga Ouro para loitar por chegar á final. Ademais, esta eliminatoria da lugar a xogar por unha praza nos sectores nacionais.
Deja una respuesta