Imaxe: RFESS
A caldense baixou o tempo dos 25 metros en remolque de maniquí no IV Campionato de España de Distancias Cortas
A deportista do Club Acuático Umia revalida récord no seu palmarés como socorrista tras rematar a proba de 25 metros de remolque de maniquí, na categoría absoluta, cun tempo de 00:16:12. Ocorreu en Valladolid mentres participaba no cuarto Campionato de España de Distancias Cortas de Salvamento e Socorrismo, onde tamén o seu compañeiro de club, Xoel Teijeiro Prado, alcanzou récord na categoría júnior de 50 metros combinada e de natación con obstáculos.
Antía logrou baixar a marca en dúas ocasións no mesmo campionato: primeiro baixou a marca de 00:16:30 a 00:16:14; e no mesmo día volveu a signar marca reducindo o tempo de 00:16:14 a 00:16:12.
Mais a caldense non foi a única. En total, esta competición rexistrou trinta novos récords de España e, ademais, alcanzou o seu número máis alto de participación con 448 socorristas.











Deja una respuesta