Ainhoa Lameiro proclámase subcampioa de España

Imaxe: REFP

A deportista regresa a Galicia para competir no I Campionato Nacional celebrado no municipio de Mondariz

Este 25 de febreiro celebrouse I Copa de España de Slalom Olímpico no canal de aguas bravas no río Tea, situado municipio de Mondariz-Balneario. Ainhoa Lameiro remaba na súa comunidade natal e, malia as dificultades meteorolóxicas que obrigaron a cancelar a xonada do domingo, a deportista proclamouse subcampioa absoluta nacional. En total, participaron preto de 300 persoas de 22 clubes diferentes. 

Esta segunda posición no campionato nacional foi unha dose de motivación para Lameiro tras non poder clasificarse para o mundial celebrado en Lee Valley. Con todo, segue tendo unha oportunidade para clasificarse nas olímpicas e o seu seguinte obxectivo será a segunda proba de competición nacional en La Seu d’Urgell, lugar onde se adestra na actualidade, o 20 e 21 de abril. 

Así, Ainhoa entrou na categoría absoluta esta tempada con ganas de desfrutar das augas bravas e clasificarse. Entre as súas últimas competicións na categoría sub-23, resultou sexta clasificada no último Campionato Europeo da categoría, polo que a situa entre as mellores palistas españolas para representar a España na proba de C1. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *