Bo comezo para Alejandra Neira na Copa de España

Imaxe: RFEC

A cadete rematou en segunda posición a carreira celebrada en Noja e tamén se fixo co premio montaña

Doble triunfo para Alejandra Neira no primeiro encontro da Copa de España feminina Cofidis 2024 nos arredores de Noja. A ciclista galega rodou os 32,8 quilómetros de carreira cadete e, tras unha accidentada chegada de varias competidoras, Neira logrou anticiparse ata cruzar a liña de meta na segunda posición. Só puido impoñerse a vasca Maialen Narbona, do Loiumat-PG, á santiaguesa. Entre as dez primeiras atopábase outra galega, Irene Signo, do TenerifeBikePoint, quen rematou oitava. 

O vindeiro 17 de marzo continuará a copa estatal polo norte de España, celebrándose o segundo encontro en Guipúzcoa. Unha semana despois, o día 24, volverán a citarse en Pontevedra. En total, a competición suma sete encontros puntuables. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *