Imaxe: uniferrol.org
O conxunto galego busca clasificarse no playoff e atópase preto de conseguilo
O Baxi Ferrol derrota ás rivais do Barça CBS tras un partido moi igualado ata o final do xogo. Ambos equipos saíron á cancha con moita forza e ganas de vitoria. Foron as ferrolanas as que estrearon marcador, pero a agrupación azulgrana fíxose co primeiro parcial no partido desputado na Malata.
Non obstante, o segundo cuarto de partido estivo moito máis igualado, cun resultado de 33-31. Xa no último tempo, foron os triplos de Gala Mestres os responsables de propiciar a victoria cun marcador que as colocaba 78 – 69 puntos.
Máis de dúas mil persoas acudiron á cita no pavillón. O Baxi Ferrol estivo acompañado por unha aficción que as arroupou ata o final do xogo. Así pois, puideron celebrar unha vitoria que achega ao equipo liderado polo adestrador Lino López á clasificación para a eliminatoria da Liga Feminina Endesa. As ferrolanas non abandonan a idea de loitar por un posto.











Deja una respuesta