Imaxe: Club Zalaeta
Na vindeira xornada de liga celébrase o encontro contra as primeiras da clasificación, o UC3M Voleibol Leganés
O Zalaeta volve de Cantabria cun resultado necesario para seguir no alto da táboa xeral na clasificación da Superliga 2. A pasada fin de semana celebrábase o encontro de liga co CDV Astillero, que rematou cun triunfante 0-3 a favor das galegas.
O primeiro set (16-25) estivo marcado por un Zalaeta coordinado e que soubo facer fronte na pista, no que destacaron a figura da xogadora María Forteza-Rey «ao saque». O segundo punto foi máis dificultoso de conseguir para o Zalaeta, pois encontráronse cunhas locais que insistiron ata o 23-25. Non obstante, o conxunto coruñés sentenciou o partido cun terceiro set ao seu favor por 19-25.
Isto coloca ás do Instituto nunha meritoria 4ª posición do ranking do Grupo A, só por debaixo de FEEL Alcobendas (3º), Fedes Ascensores La Laguna (2º) e UC3M Voleibol Leganés (1º). A ollada do equipo xa está posta na seguinte xornada, que terá lugar no Barrio das Flores o vindeiro 14 de decembro contra as primeira do grupo, o UC3M Voleibol Leganés.











Deja una respuesta