Arauia Al Bachere, subcampioa en Galicia sub-20

Imaxe: Atletismo A Estrada

Xunto coa presea dos 400 metros lisos, tamén firma o seu mellor tempo e logra o bronce en 200 metros lisos

A xornada deportiva celebrada na provincia ourensana culminou con dous podios para Arauia. A deportista do Club Atletismo A Estrada quedou en segunda posición despois de realizar unha das súas mellores carreiras. 

Al Bachere baixou dos 59 segundos, facendo a súa mellor marca nos 400 metros lisos en pista cuberta, quedando por detrás de Alicia Barreiro, do Club Ria Ferrol-C. Arenal, quen se impuxo con 57.11 segundos. Tamén logrou outro metal de prata nos 200 metros lisos na súa categoría, cun tempo de 25.84 segundos, nunha loita moi apretada coa atleta do equipo ferrolano. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *