O Caldas C.F. gana o torneo preto da casa cunha final moi emocionante

Caldas C.F. trala vitoria. Imaxe: Atl. Cuntis

O torneo disputouse nas instalacións do Atlético Cuntis, un club debutante co seu equipo sénior feminino

CRÓNICA

Vibraba o campo da Ran. Non era para menos, o club do concello veciño xogábase a final cun Eirís S.D. forte e sen apenas marxe de erro en todo o torneo. Comezaba o partido con gran intensidade por parte de ambos rivais, mais a perfecta harmonía das caldenses fixo que conseguisen sumar o primeiro gol ao seu favor durante o primeiro tempo. Nada puideron facer as coruñesas para facerlles fronte, polo que chegaba o descanso con vantaxe para as azuis.

Foi na segunda saída cando o encontro colleu maior intensidade. O Eirís S.D. entraba con ganas de facerse coa primeira posición, despois de chegar á final impoñéndose nunha intensa rolda de penaltis contra as arousanas. As do conxunto vermello saíron atacantes na segunda parte e con moitos intentos de anotar o empate. Con todo, atopáronse cun Caldas C.F. que soubo traballar na defensiva e loitou ata o último minuto por manter o marcador ao seu favor. Algunhas contras levantaron a afección caldense do asento, pero sen chegar a sumar o segundo gol.

O Caldas C.F. remataba así unha xornada triunfante e con gran ambiente nas gradas, onde coreaban o bo traballo da porteira. No evento tamén participaron: Catoira S.D. A, Catoira S.D. B, Atlético Arousana, Moraña C.F. Mesoiro F.C., A.D Culleredo, S.D. Bandeira, C.D. Cesantes, Santa Margarita S.D. e Atlético Cuntis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *