A Final Four Champions terá pegada coruñesa

Imaxe: @hccorunafeminino

O Hockey Clube Coruña métese na final europea tras vencer ao conxunto portugués 

Oito a cero resultou o marcador que lle deu pase directo á final da Champions ao Hockey Clube Coruña Feminino. Alba, Anna, Mar, Fernanda e Luchy firmaron os tantos durante un encontro onde o A.Stuart Hóquei Clube Massamá pouco puido facer por impedir o ataque das herculinas.  

Esta formación conta con apenas un ano de vida, pois son as herdeiras do anterior equipo Liceo, mais as galegas atópanse no seu mellor momento. A final desputarase a finais deste mes, onde loitarán cos equipos Vila-sana, Fraga e Palau polo título internacional. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *