Imaxe: RTVE
A galega volve a clasificar as olímpicas co seu segundo mellor salto só catorce meses despois da súa maternidade
Ana Peleteiro é imparable. Este domingo volveu ao evento internacional disputado en Glasgow, Escocia, para alcanzar o metal de bronce cun triple salto de 14,75 metros. Ademais, esta marca convértese no seu segundo mellor rexistro da carreira. O podio completouno a cubana Leyanis Pérez, cun salto de14,90 metros, e a dominiquesa Lafond no máis alto da competición, con 15,01 metros.
Malia que World Athletics fixase as marcas mínimas de atletismo máis elevadas da historia, sendo 14,55 metros no triple salto feminino, a galega asegurouse a praza olímpica con nota no seu segundo salto (14,67). O podio chegou tres intentos despois, nunha competición na que só contou cun nulo e uns resultados fantásticos en cada salto.
«Todo lo que veis es puro trabajo», sinalaba a deportista nunha entrevista inmediatamente despois do logro. Esa é a palabra que resume a historia de Peleteiro: catorce meses de traballo foron os que precisou para conseguir un bronce mundial trala súa maternidade. A deportista xa anunciara durante o embarazo que o seu soño sería regresar á élite deportiva coa súa filla, Lúa, e familia entre as gradas. Obxectivo conseguido en Glasgow.
Ademais, a felicidade de Peleteiro é compartida coa súa compañeira de selección, Fátima Diame, quen tamén volve a España co bronce mundial en salto de lonxitude. Este metal convértese na primeira firma mundial da valenciana cun salto de 6.69 metros, moi preto da mínima olímpica (6.86).











Deja una respuesta