Imaxe: Cedida
España logra dous podios e unha clasificación para participar nos World Games de China en 2025
A Selección Española de Piragüismo desprazouse ata Filipinas para participar no Mundial de ‘Dragon Boat’ que tivo lugar entre o 31 de outubro ao 3 de novembro. No conxunto nacional atopábanse varios deportistas do Club Piragüismo Rías Baixas – Boiro, Club Piragüismo Verducido-Pontillón e Náutico O Muíño de Ribadumia. Así, España conseguiu regresar con dúas medallas, nas cateogorías masculina e mixta, e cunha clasificación para os World Games de China en 2025.
O combinado masculino brillou en Filipinas e, finalmente, fíxose co metal dourado na categoría SB10 Open Sénior 2000 m. Mentres, a tripulación mixta conseguiu a presea de prata na categoría DB20 2.000 m. A selección feminina, pola súa parte, tamén deixa pegada nesta competición, pois consegue unha cuarta e quinta posición (DB10 2.000 m e 500 m, respectivamente), que as deixa cun bo sabor de boca. Estes resultados colocan a España entre os primeiros quince mellores padexeiros do mundo no ranking final; con todo, foi Filipinas a que encabezou o medalleiro mundialista con once de metais dourados, vinte de prata e dezaseis de bronce.











Deja una respuesta