Ekaterina Rebón regresa de Bucarest con bronce europeo do Grand Prix Taekwondo

Imaxe: Numero Phi Taekwondo

A júnior suma unha nova presea internacional ao seu medalleiro

A capital de Romanía acollía a gran final do Campionato europeo este pasado fin de semana, un evento innovador que contou con máis de cincocentos deportistas procedentes de 43 países diferentes. O evento, dirixido a xuvenís e cadetes, disputouse na coñecida Sala Polivalentă da cidade e estivo organizada pola Unión Europea de Taekwondo. Ata alí desprazouse a promesa do taekwondo galego e español, Ekaterina Rebón, quen non deixou indiferente e acadou a terceira mellor posición na súa categoría e peso (-59 kg).

Ekaterina parece non ter teito e así llo demostrou a Europa. No seu encontro contra a rival serbia Vanja Rankov avantaxouse nos asaltos, logrando clasificarse en semifinais. Na seguinte rolda, tras combater e caer contra a que posteriormente sería a gañadora da categoría, Nina Zecirovic, a deportista galega puido optar ao bronce internacional. Este último combate foi coa número dous do ránking, a croata Kala Midzor, mais Ekaterina volveu impoñerse en dous asaltos e finalmente subiu ao podio.

Imaxe: Numero Phi Taekwondo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *