Lorena Patiño colócase entre as dez mellores ciclistas en ciclocrós de Europa

Imaxe: Real Federación Española de Ciclismo

Unha meritoria remontada deixaría a ciclista do combinado nacional a trinta e cinco segundos da primeira rival

O mundo do ciclocrós xa o auguraba e as prediccións fixéronse realidade: Lorena Patiño sitúa a España no top 10 do ranking europeo. Natural de Marín, a deportista citouse no Campionato de Europa de Ciclocrós celebrado en Pontevedra. Unha mala saída de arranque faría que Lorena tivese que sufrir para, finalmente, facer unha histórica remontada na última volta e encaixarse na décima posición da categoría júnior.

Foi a ciclista de Suíza, Anja Gorssman, quen se levou o ouro deste europeo cun brillante tempo de 37:30 segundos, aínda que o resto de rivais, inclusive a marinense, a sucederon por poucos segundos de diferencia. Así, o tempo final de Lorena foi de 38:05 s, o que deixa a España con boas sensacións para competicións futuras.

Top 10 do ranking internacional e un metal de bronce

Lorena Patiño tamén conforma o equipo nacional que participou no Team Relay. Xunto cos seus compañeiros Miguel Rodríguez, Benjamín Noval, Aroa Otero, Sofía Rodríguez e Felipe Orts, este grupo logrou darlle a España a súa primeira medalla da historia nesta disciplina.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *