Saleta firma a súa mellor marca da tempada

Imaxe: Valencia Club Atletismo

O encontro disputado na capital española rematou cun salto de 1.85 metros para a deportista galega

Expectación con Saleta despois de subir ao podio na competición nacional celebrada en Expourense. A galega acadaba a segunda posición con 1,82 metros, malia non ser o seu mellor salto. Poucos días despois volve á pista cuberta e, nesta ocasión, o resultado si que foi o esperado para ela. 

A monfortina saltou 1,85 metros neste World Athletics Indoor Tour Gold celebrado en Madrid, conseguindo a oitava posición e a súa mellor marca de tempada (SB). Así mesmo, a súa compañeira de selección, Una Stancev, conseguiu a novena posición, facendo un salto de 1,80 metros.     

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *