Imaxe: Judo Club Shiai
A actual bolseira da Concellería de Deportes da Coruña faise co ouro este fin de semana en Pamplona
Navarra acolleu a Super Copa de España Cadete de judo o pasado sete de novembro. Ata o lugar desprazáronse cincocentos judokas do territorio español, Portugal, Francia e Andorra para combater polo podio nacional. Representando a Galicia estiveron Zeltia Sousa (-48 kg), Alejandro Chiarroni (-50 kg), Sofía López (-52 kg), Fabián Fernández (-81 kg) e Matías Ramos (-66 kg). A boa actuación do equipo deixou a comunidade galega na 6ª mellor posición.
Así, Zeltia Sousa foi a que logrou o podio máis alto na súa categoría de -48 kg, proclamándose campioa cadete contra a cántabra Daniela Muniz del Valle. O judoka Alejandro Chiarroni tamén deu a Galicia outra presea, neste caso de bronce, caendo en semifinais contra o madrileño Izan Prado, quen logo se faría co ouro na súa categoría. Sofía e Fabián pecharon o seu campionato nunha boa 5ª posición. Matías, á súa vez, clasificouse na 7ª posición.











Deja una respuesta