Galicia proclámase subcampioa de loita olímpica na Copa Raíña

Imaxe: Fegaloita 

Lydia Pérez e Nerea Pampín fanse co ouro nacional no campionato celebrado no Centro de Alto Rendemento de Murcia

Só por detrás de Andalucía, a comunidade galega situouse como a segunda mellor selección de loitadoras olímpicas femininas. Os resultados acadados nas probas en diferentes pesos permitiron que o combinado galego, que ademais contaba cun grupo reducido de deportistas debido a múltiples lesións, subisen ao podio como subcampión. O terceiro posto ocupouno Murcia, a comunidade anfitrioa do evento.

Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, e Nerea Pampín, do Keltoi de Vila de Cruces, conseguiron impoñerse nas súas respectivas modalidades de peso e conseguir o ouro nacional. Ambas deportistas veñen de competir no torneo internacional de Bucarest e buscan praza olímpica. Esta victoria supón desquitarse da eliminación en primeira ronda no internacional.

As compañeiras Raquel Bravo, Club de Loita Atila; Ana López, do Club de Loita Lugo; e Candela Castro, do Club Atila de Ourense, lograron a quinta posición nos seus pesos. Agora as loitadoras convocadas prepáranse para a Concentración Internacional celebrada do 10 ao 20 de marzo na capital italiana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *