June Moreno, campioa de España (-78 kg). Imaxe: @galiciajudo
Estrella López, June Moreno e Jose Antonio Aranda coróanse co ouro en España
Judokas de Galicia deixan a nosa comunidade na segunda mellor posición do Campionato de España 2024: nove metais traen de regreso dunha competición que acolleu a cincocentos deportistas de todo o territorio español.
Estrella (-57 kg), June (-78 kg) e Jose Antonio (-73 kg) foron os artífices dos tres ouros que gañou o conxunto galego. Alexis Rosa (-81 kg), Zaza Jandieri (-90 kg), Laura Vázquez (-63 kg) e Ana Vizoso (-78 kg) achegaron catro pratas nunhas competicións cargadas de emoción. Por último, Anderson Oton (-60kg) e María Rey (-70kg) puxeron o broche final con dous novos metais de bronce que se sumaban ao repertorio de medallas.











Deja una respuesta