Imaxe: Club del Mar de San Amaro
A coruñesa Maia Feire revalida o seu título como campioa de España Sub-13 en Barcelona
A pasada fin de semana celebrábase o Campionato de España Sub-13 de bádminton en Barcelona, ata onde se desprazaron máis dun cento de deportistas de toda a xeografía nacional. A comunidade galega foi ben representada, tanto que os podios semellaban tinguidos de branco-azul.
Así, unha das súas grandes promesas do Club del Mar de San Amaro, Maia Freire, foi quen de levarse tres metais do medalleiro final. A coruñesa subiu ao máis alto do podio en dúas ocasións: a primeira na proba individual e a segunda, en dobres, coa súa compañeira Xulia Otero. A terceira presea foi de bronce, en dobres mixtos con Álvaro Gómez (C.E.R. Vigo), quen tamén se fixo coa prata individual masculina.
Á súa vez, Xulia Otero (Club As Neves) foi a gran rival de Maia na final individual. Ademais de levarse a prata, a nevense colgouse o ouro co seu compañeiro de club en dobres mixtos, Xoel Álvarez. Os volantistas das Neves e Vigo tamén se combinaban na proba de dobres masculina, onde se proclamaron os campións de España.











Deja una respuesta