C.H. Cambre faise co ouro no Campionato galego de clubes 

Imaxe: RR.SS CH Cambre

Onte desputouse o desenlace autonómico de halterofilia no polideportivo Monte das Moas, A Coruña

A elite galega da halterofilia citouse onte no polideportivo Monte das Moas, na Coruña, para dar a coñecer o equipo gañador do Campionato galego de clubes. O C.H. Coruña foi o foco de atención dos seus rivais, pois viña de proclamarse como o club campión na anterior edición, tanto na categoría masculina como na feminina. 

O C.H. Cambre foi quen de impoñerse na categoría feminina, alcanzando 1.031.59 Puntos Sinclair e logrando o primeiro posto do podio. Por detrás, mantívose o C.H. Coruña, con 988.83 P. S. e o C.H.Ourense, con 906.06 P. S. Con todo, o equipo da cidade herculina conseguiu revalidar a súa primeira posición na categoría masculina, con 1652.03 P.S., seguido de C.H. Cambre e C.H. Sulyos, con 1647.18 P.S, e 1458.30 P.S., respectivamente.

En canto ás clasificacions individuais, a deportista Uxia Romero, do C.H. Ourense, ocupou a primeira posición do podio. As preseas de prata e bronce foron para Cambre, grazas a Mariana Batista e Paula Vilchez. En canto á categoría masculina, Martín Liste fíxose co ouro, Víctor castro coa prata e Miguel Almeida co bronce. Os tres deportistas forman parte do C.H. Coruña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *