Gran participación no Campionato galego de ximnasia celebrado na Estrada

Imaxe: cedida

Dobre ouro en DMT e trampolín para a mundialista Melania Rodríguez, un dos rostros máis coñecidos da disciplina

Ximnastas de toda a comunidade galega citáronse no pavillón Manuel Coto Ferreiro este fin de semana grazas ao club do municipio estradense, organizador do evento. Alí acolleron a base-elite autonómica, así como os cursos escolares e máster, onde se puido gozar da participación de Melania Rodríguez, recente campioa de Europa. A integrante do Club Ximnasia de Pontevedra xa acumula un histórico palmarés na súa disciplina, con tripla coroa dende os World Games de 2022.

Durante a primeira xornada do sábado competiron os profesionais de dobre mini trampolín (DMT), tumbling e trampolín; o domingo, en cambio, foi quenda do galego escolar e máster. Así, Melania levouse o dobre ouro no xeral DMT, cunha puntuación de 48.400, e no trampolín, con 51.820. Marta Rodríguez, do CX Pavillón de Ourense, precedeuna en ambos podios coa prata, logrando 44.700 puntos en DMT e 49.680 en trampolín. Os terceiros postos foron para Noa Puente (DMT) e Aintzane Dapena (trampolín).

Eneritz Dapena, compañeira de club de Melania, gañou a presea dourada cunha puntuación de 39.100 no xeral tumbling. A prata, en cambio, foise para Vigo grazas aos 37.400 puntos acadados por Esther Pacheco. E seguiuna de preto Imena Barrios, do Club Ximnasia Burgos, quen se levou o bronce desta categoría.

A xornada dominical concluíu cos medalleiros escolar e máster, onde participaron deportistas de toda a xeografía galega. Ademais, o mundo da ximnasia non quixo esquecerse de Pablo Hinojar, fundador do Ximnasia Pontevedra e técnico español, quen faleceu recentemente e renderon homenaxe durante o evento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *