O HC Coruña sentenza o histórico derbi provincial de hockey patíns por 8-0

Imaxe: Manu Boutureira | HC Coruña

Laia Juan, xogadora do HC Coruña e convocada pola selección española, comandou decisivamente durante a contenda

Hoxe, no Polideportivo municipal de Riazor, brillou o equipo anfitrión. A nova fichaxe desta tempada, Laia Juan, foi a encargada de estrear o marcador transcorridos os primeiros cinco minutos do partido. Inés Severino avanzou a vantaxe do equipo ata o 2-0 e xa ao remate da primeira parte, Laia volveu ser artífice dun terceiro tanto. Tralo paso por vestiarios, as herculinas mantivéronse firmes e sentenciaron a vitoria: a precisión de Cristina Diz levouna a anotar o 4-0 e Fernanda Isidora Muñoz chegaba ata a portería rival sumando o quinto. Ana Bullo puxo o 6-0, Laia completaba o seu hack-trick co sétimo e Alba Garrote pechou o encontro co oitavo e último punto da xornada. Nesta ocasión, nada puideron facer as do Raxoi para evitar a derrota.

Un encontro histórico para Galicia

«O derbi é noso». Así se pronunciaron as do HC Coruña na súa vitoria en Riazor ao remate do encontro contra o HC Raxoi. A emoción por este partido era unha realidade, pois sería o primeiro derbi oficial tralo nacemento do novo club herculino.

A gran vitoria por 8-0 permite ás do HC Coruña recompoñerse das tres últimas malas xornadas contra as primeiras da clasificación OK Liga Iberdrola. Así, as coruñesas levaban dende a vitoria contra o Bembibre Hockey Club sen subir puntos ao marcador global, pero agora recuperan o timón e colócanse na táboa con once ao seu favor. Pola súa parte, non lles acompaña a sorte ás do conxunto santiagués, que rematan o ano como penúltimas da clasificación con seis puntos.

Á volta das vacacións de Nadal, os equipos galegos emprázanse nunha nova xornada de Liga: o HC Raxoi citarase co Bembibre Hockey Club e o CH Coruña Iman Serroukh Alcalá Hockey.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *