Imaxe: wikimedia commons
A galega intentou lograr a praza ata o final, arriscando na última saída
Tres xornadas para coñecer a clasificación de piragüistas que representarán a España nestes Xogos Olímpicos de París 2024. O proceso selectivo arrincaba o pasado fin de semana en La Seu d’ Urgell, pero a decisión final concretouse en Pau, o canal francés de aguas vivas.
Na aventura pola praza somerxíanse tres deportistas galegos: Manuel Ochoa, Ainhoa Lameiro e Luis Fernández. Desafortunadamente, nesta ocasión non puideron alcanzar as mínimas necesarias para o encontro olímpico, pero seguirán competindo no segundo equipo nacional nesta tempada. Só Ochoa conta con algunha posibilidade de poder adentrarse na competición olímpica.
Ainhoa rematou os dous primeiros descensos acadando o quinto posto, polo que a levou a facer un último esforzo con riscos, pero saltouse portas e non puido concluír a baixada, na que levaba meses traballando de maneira insaciable, como ela esperaba.
Con todo, os compañeiros de club c, Pau Echaniz e Maialen Chourraut, si que puideron entrar na carreira olímpica. Así, conformarán o primeiro equipo que representará a España no estadio náutico de Vaires-Sur-Marne de París entre o 27 de xullo e o 5 de agosto.











Deja una respuesta