Imaxe: Real Federación Española de Balonmán
Tratouse do último partido do Campionato Europeo
contra o Azerbaiyán, saldándose nun 42 – 16
Tarde de recordo no municipio do Porriño. O equipo de balonmán feminino reuniu a case duas mil persoas para presenciar o último partido do campionato europeo, xusto antes de comezar coa carreira olímpica.
O partido estivo liderado polas Guerreras en todo momento, pois conseguiron impoñerse rápidamente a un Arzebaiyán que pouco puido facer ante o ataque das españolas. Así, o marcador rematou cun contundente 42 – 16 a favor do conxunto vermello, onde Paulina Pérez Buforn destacou por anotar ata oito goles e ser elixida MVP do partido.
Con todo, o técnico español Ambros Martín fixo pública na mesma xornada a convocatoria oficial das deportistas elixidas para acudir a Torrevieja a desputar o primeiro partido preolímpico 2024. A base estará conformada polas españolas 20 citadas no Porriño, sen Buforn.
Os vindeiros partidos clasificatorios terán lugar: o xoves 11 de abril contra República Checa; o venres 12 de abril contra Argentina; e o domingo 14 de abril contra Paises Bajos.











Deja una respuesta