Dúas galegas adéstranse na concentración de Roma

Imaxe: Fegaloita 

Lydia Pérez e Nerea Pampín participarán coa selección española do 10 ao 24 de marzo tras gañar a Copa da Raíña

Dúas semanas de adestramento internacional para as campioas da Copa da Raíña. Lydia e Nerea aproveitan a oportunidade para prepararse e conseguir unha praza nos Xogos Olímpicos de París 2024 e participarán nas xornadas coa selección española feminina absoluta de loita libre olímpica. 

O evento trátase dunha concentración internacional que ten lugar no Matteo Pellicone de Lido di Ostia, situado na capital italiana. Nerea Pampín, do Keltoi de Vila de Cruces, compite no peso de 68 kg ; en cambio, Lydia Pérez, do Club de Loita Pontevedra, participa en 62 kg. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *