España é campioa dos Xogos Xordolímpicos de Inverno 

Imaxe: FEDS 

A galega Candela Soria foi autora de tres dos cinco goles que lle deron a victoria ao conxunto vermello nunha final con incidentes

O equipo feminino de Fútbol Sala para Xordos español logrou o triunfo nos Xogos Xordolímpicos de Inverno celebrados en Erzurum, Turquía. Foi contra o bando de Brasil, alcanzando un resultado de 2-5 tantos. Así, as galegas Eva Dios e Candela Soria foron as artífices de subir o marcador a favor das españolas: por unha banda, a actual xogadora do RC Deportivo, Eva Dios, foi determinante na execución das accións estratéxicas do conxunto, tras un partido no que destacou a súa presenza activa e xogo en equipo; Candela, en cambio, foi autora de tres dos cinco goles que proclamaron campioa á selección vermella.

O partido comezou con gran intensidade nos primeiros dez minutos de partido, onde a ourensana, Candela Soria, se desmarcou en dúas ocasións e anotou gol (0-2). Non obstande, as rivais brasileiras non baixaron a garda e conseguiron finalizar o primeiro tempo cun 1-2, poñendo en perigo a victoria das españolas. Xa na segunda parte tralo descanso, e cunha estratexia máis ofensiva na que a Eva destacou pola súa coordinación coas compañeiras, as españolas puideron sumar outros tres goles firmados polas xogadoras Estrella, Candela e Pilar. Así, o marcador final quedou rexistrado con dous goles do equipo contrario fronte a cinco tantos do elenco español, converténdose en campioas olímpicas e agregando unha importante presea ao seu palmarés. 

Con todo, malia a felicidade do logro, a Federación Española de deportes para Xordos (FEDS) fixo público un comunicado no que manifestaban a súa disconformidade cunha serie de acontecementos acaecidos tralo encontro. «Entre os feitos reportados inclúense acusacións de racismo hacia unha xogadora brasileira por parte dunha xogadora española, que a FEDS nega rotundamente e pide probas concretas. Ademais, denunciaronse actitudes hostís por parte do público brasileiro e do persoal federativo de Brasil, así como un incidente físico entre un membro técnico brasileiro e o presidente da FEDS», sinala a federación española no documento emitido. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *