Judith revalida o bronce europeo de espada en esgrima adaptada

Imaxe: FEDDF 

Ocorreu no Campionato Europeo París 2024, pero nesta ocasión non foi suficiente para facerse coa praza olímpica

Xornada de emocións para Judith. A deportista volve do europeo cun gran sabor de boca tras revalidar o metal de bronce en espada e derrotar en cuartos de final á actual número un de sable do mundo, a polaca Kinga Drozdz, tras un tanteo de quince tocados a nove.

Non obstante, este resultado non lle da a oportunidade de sumar puntos para conseguir a praza nos Xogos de París 2024. Judith precisaría alcanzar o mellor resultado europeo nos dous últimos anos, pero tanto neste como en Varsovia 2022, a viguesa logrou a terceira posición. Isto significa que a súa ocasión de clasificarse se reduce á competición que se celebrará en Brasil no mes de maio. 

Rodriguez suma a súa sexta presea internacional con este logro en tan só dous anos que leva no circuito IWAS. Esta fin de semana volve a competir na arma de florete, unha modalidade que na que se fixo co ouro nacional en categoría mixta en febreiro. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *