Imaxe: Tania Valverde no campionato mundial de 2023. Federación Galega de Atletismo
A viguesa colgouse o metal dourado no Certamen Máster Indoor que se desputou en Polonia
Un logro máis que se suma á colección de Tania Valverde. A atleta, e tamén policía portuaria na cidade de Vigo, coronouse como campioa de Europa en salto de lonxitude W35 cunha marca de 5,52 metros.
O evento tivo lugar en Torun, Polonia, onde a atleta Maria José Salmerón tamén rematou en cuarta posición nos 60 metros.
Valverde suma unha nova presea ao variado palmarés, onde conta cun récord galego na categoría máster; tres medallas de ouro nacionais en máster e de categoría; así como un bronce recente no Campionato Mundial Máster de 2023.











Deja una respuesta